revisionando "el pisito"
videocreación homenaxe deste filme.
guión de Rafael Azcona.
baseado na novela de Mario Ferreri que leva o mesmo título, e que dirixe xunto con Isidoro M. Ferry.
10.7.09
6.7.09
1.7.09
esta mañá pasou algo extraordinario. quedei durmida coa ventá aberta, para poder escoitar o ruído das campás (non sei de qué igrexa, quizais Santa Clara, ou do propio convento) que soaban cada certo tempo ás tantas da madrugada. o caso é que acordei cun son que non sabía identificar. erguín medio corpo e, entre as cortinas, observei unha pega cantando xusto ao carón. non me asustei. simplemente dediquei un tempo a observala, moi quieta, ate que marchou percorrer os tendais do vecindario.
o caso é que a min provocoume unha felicidade inmensa acordar desa maneira. e fíxome lembrar unha tarde do verán pasado, cando coñecín en Mondariz a un home que tiña unha pega adestrada na casa. levoume coñecela, a ela e mais a súa muller, e o bicho resultou ser un animal intelixentísimo. o primeiro que fixo, ao me ver chegar, foi camiñar a saltos cara o bolso que pousara preto dela. meteu a cabeza nun dos petos e a moi cabrona saíu voando cun euro no peteiro.
estas son as imaxes daquela tarde:
segundo lin na Wikipedia (desculpen que non dispoña doutra enciclopedia no meu haber)a aparción dunha pega relaciónase con diferentes cousas, segundo a cultura de cada país:
"En leyendas populares antiguas de Inglaterra se cuenta que cuando Jesús estaba agonizando en la cruz todos los pájaros acudieron a consolarle menos la urraca, por lo que se le maldijo eternamente(...)
En Escocia una urraca en una ventana anuncia una muerte próxima en la casa.
En el folclore alemán, francés e italiano, existe la creencia de que las urracas presentan inclinación a la recolección de objetos brillantes, especialmente los preciosos(...)
En China, contrariamente es considerada como un signo de felicidad(...)
Durante la edad media existía la creencia de que estaban ligados a la brujería, igual que los cuervos, cornejas y gatos negros".
pd: especiais grazas a desorde, polos binóculos que non dan chegado ao seu destino, e pola mensaxiña consulta sobre os sons que emiten as pegas. nunca me parara pensar niso
;)
publicado por
sara jess
ás
13:12
4
fíos deitados
29.6.09
lecturas (III)
"Cuando vienen a buscarte llenos de ruido, rebosando, y el ruido es sucio y chorrea por las paredes
chorrea desde tus manos, desde tu cuerpo a las cosas que tocas y conformas
y quedas atrapado como un insecto en el engrudo y ya nada se mueve mas que dentro
y dentro es un eco que no encuentra paredes donde pronunciarse líneas donde escribir,
sino la angustia como una esencia destilada e inasible.
Cuando vienen saben tu nombre y dónde estás y por qué vienen, tú no puedes esconderte aunque sólo quede de ti un leve recuerdo.
No cabes en ninguna disculpa".
extraído do blog abeneficiodeinventario. (porque hai libros que deberían chegar a todas partes).
publicado por
sara jess
ás
18:28
3
fíos deitados
27.6.09
lecturas (II)
Signos de identidade? P. "obriga-me a ser tal como eu quero ser".
extracto dunha introducción de Lois Pereiro en "Poesía de amor e desamor" (varios autores)
publicado por
sara jess
ás
16:31
1 fíos deitados
26.6.09
a nova da noite
cando me deitei, coa alborada chamando á porta, Michael Jackson xa non estaba alí.
marchei correndo á porta do outro cuarto. "estás esperta?" "si" "sabes? morreu Michael Jackson". e eu non sei, pero é que a min marcoume moito de pequena, aquel video de Thriller Zombie, moito antes de me afeccionar ao xénero dos mortos vivintes e tragarme todo Jorge Antonio Romero e os que lle seguiron. ademais, tiña unha curmá que se tatuaba con bolígrafo os brazos co careto del, e en verán pretendía poñerse ao sol todo o día para volverse tan negra como el. e deixábase rastas. qué curioso, que as obsesións de Jackson o mudaran a un branco pálido e ela decidira queimar tódalas caixas de zapatos cheas de recortes de revistas que falaban do home que nunca tivo infancia.
publicado por
sara jess
ás
14:42
0
fíos deitados
25.6.09
de persoas e personaxes
as señoras falan entre ventá e ventá, enchendo coas suas voces as paredes do patio. unha delas quéixase, porque non lle gusta estar soa. sinte medo. coméntalle á veciña que sería mellor reforzar o portal da entrada do piso. hai días A. díxome que escoitou a unha rapaza xemendo moi alto, a primeira hora da tarde. facía tanto ruido que rematou poñendo música, para amortiguar os berros. quizais se sentía tan soa, ao comezo da cita, como a señora que agora escoito falar.
pasei do libro de Freud (que me axudou a entender moitas cousas) a un outro libro novo que collín de emprestado. "Lecciones de cine", con entrevistas de Laurent Tirard a moitos directores interesantes (todos homes, por certo; e aquí facemos unha pausa na lectura e reflexionamos un pouco sobre a necesidade de máis miradas femininas no cine. e engado, estou obsesionada con Miranda July).
"En mi opinión (di Sydney Pollack), la pregunta interesante es: ¿cómo tomas una decisión cuando dos personas tienen un argumento válido? Puede que tenga ideas preconcebidas sobre determinados actos morales, pero no cuando se trata de la relación entre dos personajes. Y creo que cuanto más difícil es determinar quién tiene razón, mejor es la película".
publicado por
sara jess
ás
19:59
2
fíos deitados
22.6.09
"qué bello es vivir"
xa temos himno na casa, "Búffalo no quiere dormir/ no quiere dormir/ no quiere dormir..." teño que me deitar máis cedo. prometido.
e, entre peli e peli, tamén queda tempo para escoitar estas cousas. ideal para unha festa cantándoo en tropel, non?
publicado por
sara jess
ás
16:14
2
fíos deitados
19.6.09
lecturas (I)
"Todo aquel que posee una conciencia moral debe hallar en sí mismo la justificación de dicha condena y debe verse impulsado por una fuerza interior a reprocharse y reprochar a los demás determinados actos. Pero esto es, precisamente, lo que caracteriza la actitud del salvaje con respecto al tabú, el cual no es sino un mandamiento de su conciencia moral, cuya transgresión es seguida por un espantoso sentimiento de culpabilidad tan natural como desconocido en su origen".
Totem y tabú, Sigmund Freud.
publicado por
sara jess
ás
3:19
1 fíos deitados
18.6.09
17.6.09
13.6.09
escueta
tres tipos dando descursos sobre o reiki (será unha enfermidade?).
un amigo feliz por coñecer ao cantante de DelTonos, e con iso basta.
espellos, por todas partes.
un after sen música.
e moita marabunta.
velaí o resumo escueto dunha soa noite.
alucinante, non?
publicado por
sara jess
ás
8:03
5
fíos deitados
8.6.09
friccións
na mesiña de noite agromaban os contos de Cortázar, varios libros de cine, algunha novela negra mercada hai pouco e libros de ciencia ficción. ao carón deles, un par de candeas e un bote de vidro aparentemente baleiro. apaguei a luz. no límite onde nacen os soños e persiste a realidade comecei escoitar algo. ás escuras, acendín cun misto unha das velas. o ruidiño aquel saía do bote. era como unha voz encerrada. déixame saír! quen es? son eu, a fricción. a ficción? non, a fricción. a fricción invisible daba chimpos e intentaba tirar da tapa do bote, loitando por saír. díxenlle entón. non te precipites, agarda. e decateime de que o bote no que estaba enclaustrada tivera antes dentro marmelada de fresa. demasiado dóce, berraba a voceciña alí dentro. demasiado dóce. fiteina dende fóra, entre as luces e as sombras da candea acesa, e logrei entrevela un intre. non sentín pena nun primeiro intre. só observei. cando xa parecía que non berraba máis, abrín o bote delicadamente. a voz entón volveuse intensa, rebotando contra as paredes do cuarto. quería xogar. sabes?, díxenlle. estou demasiado cansa para xogar contigo. por qué non saes pola ventá dar unha volta. e achegándome á fiestra pegada ao cabezal da cama a voceciña de friccións saíu ao patio e en pouco tempo sentín a voz dos veciños de enfronte xemendo. apaguei a candea humedecendo a punta do dedo índice e pousándoo sobre a chama. e recordei o que dicía a avoa, que cando as velas se apagan dun sopro os espíritos que nos arrodean permanecen intranquilos. había lúa chea e volvera o frío, outra vez.
publicado por
sara jess
ás
23:21
3
fíos deitados
Joy Division
Do you cry out in your sleep
All my failings expose?
Get a taste in my mouth
As desperation takes hold
publicado por
sara jess
ás
22:01
2
fíos deitados
3.6.09
introducción
cánsame explicarcho. os roles. os cambios. esta luz que clarea o cuarto que habito nun novo punto, nun novo lugar. contaríache que escribo máis ca nunca. disparo palabras coma lanzas e quizais todo grazas a estas semanas de silenzo. ten graza. que o silenzo sexa ás veces o culpable das palabras. quero seguir así. e se un día volvo cruzar as portas do templo, non prediques. estoume volvendo unha iconoclasta. tiro abaixo os credos e as efixies.
prohibido o sacrilexio.
publicado por
sara jess
ás
9:20
4
fíos deitados
6.4.09
o lugar habitado (I)
de tanto habituarme aos destrozos
quebrei as paredes da casa
e doen as páxinas dos libros
esta desorde instaurada
publicado por
sara jess
ás
18:59
6
fíos deitados
28.3.09
a felicidade
velaquí un bo can. pasou de chamarse LP (o nome duroulle dous días, non tiña forza) a McQueen. abandonado nun monte, foi recuperándose de tristezas varias pouco a pouco. disto hai xa case seis meses. agora posa así para as fotos, cos seus inmensos ollos craros.
co tempo vai facendo novos amigos. e coido que comeza a saber que ás veces existe unha cousa chamada felicidade.
ás veces véndoo tamén son feliz, un intre pequeno.
como dixo aquel, god save McQueen.
publicado por
sara jess
ás
19:14
7
fíos deitados
24.3.09
de bares (II)
-ti estás seguro do que tes?
-si
-pois "de perdidos al río"... afoga feliz!
M. Betés dixit
publicado por
sara jess
ás
22:46
2
fíos deitados
viaxe
parece que se soluciona o tema do carro. e ademais, para a viaxe de mañá teño compi de autoestrada. estará ben ter con quen falar ate chegar ao sur. de todas formas, despois vaime encantar percorrer os camiños soa por aí.
hai un mes que non conduzo.
broken flowers
publicado por
sara jess
ás
16:57
1 fíos deitados
18.3.09

cousas que nunca che contei (I)
chega a primavera. fodéndolle os bronquios ás miñas irmás e a medio país.
achégate ver a póla da vide, as follas xa case abriron.
nas rías baixas a primavera agromou antes.
non o creo, di con medio sorna retranqueira.
que si, cánto apostas, agora chamo á miña nai para preguntarllo.
a chamada tardou uns días. preguntas cotiás.
como estás? ben, contesto con discreción.
falamos de política, e semella aburrido.
que lles dean… pero sabes? ao final sempre pagamos os mesmos.
tomo un par de pílulas de aceite de borraja, boas para coidar a pel e o cabelo. e pensei que estaría ben que foran de Prozack.
paro nun ciber. os cibers son sitios estraños, onde cada computadora é como a leira dunha casa separada por un muro cun can dentro ( só que eu o can deixeino fóra). ás veces sinto curiosidade por fisgar na intimidade dos que sentan ao carón, pero non o fago, por medo a que me mordan. reviso o meu correo electrónico e non me sinto culpable por non contestar a unha soa mensaxe. vén un rapaz que coñezo de falar un día. entra. saúda dende a computadora de adiante, inclinando a cabeza e invadindo parte da miña leira.
ola
ola, contesto un pouco contrariada.
vin o teu can fóra e dixen, seguro que está ela dentro.
queda alí quieto, esperando que lle conteste algo máis. estou por lle dicir que aquel estaba a ser o meu intre de intimidade do día, e que acaba de fastidiarmo.
mira, é que xa van dúas ou tres veces que nos atopamos pola rúa, pero non che sei o nome…
dáme vergoña non lembralo. nunca serei boa memorizando palabras. só as importantes. o demais, tan só imaxes. de tódolos xeitos, non parece un mal chaval.
paso pola tarde na librería de Pepe, que xa non cre en política, tampouco, nin na xustiza. non é para menos, pero esa é outra historia da que xa moitos falaron sen lograr mudar nada. falamos fóra, diante do escaparate da librería. ten un estilo especial no trato cos clientes e ese eterno chaleque de color azul mar. move as súas mans pequenas e anchas no aire ao falar, e imaxino por un intre que se lle podería dar ben a pintura. un bo tipo. tira un libro de preto da caixa.
toma, edición non venal."al otro lado del río, de Jack Ketchum”.
“el máis interesante exponente actual del terror psicológico, físico y realista”,
sobrescriben na portada. e lembrei cando hai moitos anos andaba enganchada aos libros de Stephen King.
se me traes a revista de cine esa que che dixen cóllocha a ti, e así temos unha escusa para falarmos máis veces. marcho, que hoxe levo algo de presa. pechan as tendas…
entro no supermercado. e penso naquela vella frase de hai anos
“non hai nada máis triste para min que un supermercado”.
e sigo a pensar que son sitios fríos, nunca atopo xente bailando como nas pelis da Coixet, que no fondo é unha traidora por meterlle á xente todas esas bolboretas na cabeza. será que me estou volvendo seca. ou que me fode que a vida non poida solucionarse sempre cun Häggen Dazs de chocolat chocolat. soa unha musiquiña de radio que ambienta a calor que se respira entre o papel hixiénico e a comida para cans.
“no pongas un precio que no puedes pagar. no quiero marchantes de arte. no estuve en el casting de estrellas de rock. no soy marioneta en este baile”.
e agardo paciente na cola do supermercado, onde as caixeiras soñan con pechar canto antes.
“siempre me voy, siempre a ninguna parte”.
saio e a musiquiña vai quedando atrás. anoiteceu xa, pero as rúas seguen cheas de xente ate os topes. semella que o sol e a calor aleda á xente. o can ten un apretón no medio da beirarrúa. e alí me vexo, cargada de bolsas, recollendo merda. mírame serio, coma pedindo desculpas.
anda, vamos.
publicado por
sara jess
ás
16:51
8
fíos deitados
17.3.09


...
mellor pasar da vertixe ás cervexas de Clin Eastwood en Gran Torino. postos a beber sós, qué máis dá facelo con estraños.
hai que mercar outra batería para o carro: o outro día, logo dunhas semanas sen conducir, non arrincaba. vai ser moi útil para organizar a fuxida. apagarei o móbil. dedicareime a contemplar cousas novas porque si.
non son boa escribindo postais.
publicado por
sara jess
ás
18:47
2
fíos deitados
26.2.09
tempo
-no te muerdas las uñas que después se te quedan pegadas al estómago.
-ya, pero no me las trago, mamá.
disto hai mil anos.
agora pinto as unllas de cores.
mordo a lingua.
publicado por
sara jess
ás
23:52
9
fíos deitados
20.2.09
publicado por
sara jess
ás
13:51
4
fíos deitados
9.2.09
greghería
qué país incivilizado y lleno de aldeas paletas
Ginzo de Lima, Puentearenas
Vivero y Ortigal
Cabañas, La Cueva, El Robledal
Villanueva de Arosa, La Carretera
me voy hacer cosmopolita
marcho vivir a INGLATIERRA
"Galicia mañana será castellana"
publicado por
sara jess
ás
16:22
11
fíos deitados
8.2.09
autohomenaxe
e que hai de malo en quererse un pouco de cando en vez?
publicado por
sara jess
ás
21:32
0
fíos deitados
6.2.09
5 pezas
hoxe preséntanse as "5 pezas" que Xose Manuel Bazarra ("Sepi" pra os colegas) e o seu equipo estiveron a facer estes días. e que a longametraxe de "Setembro" non tarde. aquí a promo con parte da rolda de prensa de onte e as horas das proxeccións e a cuchipanda que se fará na Rúa de San Pedro (Caldeira, número 32). ás 9 desta noite no teatro Principal poderedes ver as curtas.
presentación de "5 pezas (setembro)" from lara bacelo on Vimeo.
publicado por
sara jess
ás
16:28
0
fíos deitados
5.2.09
sentido figurado
que terán que ver literalidades con lateralidades forzadas? non procuren respostas. falo en sentido figurado.
publicado por
sara jess
ás
16:56
5
fíos deitados
2.2.09
guión idem vida?
"La ley de las recompensas decrecientes, que se cumple en la vida real al igual que en las narraciones, es la siguiente: Cuanto más frecuentemente experimentamos algo, menos efecto produce. En otras palabras, una experiencia emocional no se puede reproducir una y otra vez y conseguir el mismo efecto" (...)
"La ley de los conflictos es algo más que un mero principio estético; es el alma de toda historia. Toda historia es una metáfora de la vida, y estar vivo significa estar en un conflicto aparentemente perpetuo. Como lo expresó Jean -Paul Sartre, la esencia de la realidad es la escasez, una carencia universal y externa. No hay en este mundo suficiente de nada para todos (...) Vivimos en una sombra siempre decreciente, y si hemos de conseguir algo durante nuestra breve existencia que nos permita morir sin la sensación de haber malgastado nuestro tiempo, deberemos enfrentarnos directamente a las fuerzas de la escasez que nos niegan nuestros deseos".
Robert McKee, "El guión".
publicado por
sara jess
ás
21:42
5
fíos deitados
31.1.09
epigrama 55
"¿Queres, Sexto, que te respecte? Eu quería amarte. Hai que obedecerte; serás respectado, como pretendes; pero, se te respecto, Sexto, non te amarei".
(MARCIAL, Epigramas I)
publicado por
sara jess
ás
14:29
3
fíos deitados
27.1.09
volver
reconcíliome co mundo da novela. Boris Pasternak e Dostoievski. os dous a un tempo. non sei por qué escollín aos rusos. polo medio, unha descuberta: "Todo lleva carne", de Peio H. Riaño, nunha editora moi xeitosa que descubrín chamada "Caballo de Troya". volver aos clásicos ás veces axuda a seguir crendo no sentido das cousas.
publicado por
sara jess
ás
14:51
3
fíos deitados
24.1.09

temporal
o tellado dos veciños de enfronte arrincábase aquela noite do lugar como desfeita estaba ela polos excesos do día anterior. os contedores do lixo baixaron fugaces pola encosta do barrio. venteaba tan forte que os cabelos sobrevoaban no aire deixando toda a cara ao descuberto, toda ela ao descuberto. os rapaces xogaban a xogos violentos. arqueaban o corpo cos brazos e as pernas ben abertas, deixándose posuír por ese estalido de forza natural. e subían nos contedores e daban patadas ao lixo e berraban con risos entrecortados que daban medo. o can ouveaba inquedo. pensou como era posible tanta desfeita e que, inda así, a bolsa aquela que prendía da árbore de diante da casa permanecera, dende había moitos meses, sobrevivindo incluso ao temporal. algúns veciños achegábanse a ventá contemplar o ciclón. e ela pensou en poñer a alma toda pendurada dunha trandeira para aireala e ver se ao día seguinte acordaba renovada por dentro.
publicado por
sara jess
ás
21:31
3
fíos deitados
21.1.09

alquimia
Como los líquidos se precipitan unos en otros
las eras en ti van precipitándose
ecos antiguos de desprendimientos terrestres
balbuceos de formas vírgenes
desgarramientos de vastos troncos vegetales
el retumbar de los mares congelados
el tam-tam antiguo del vientre
el olor a pólvora
el paso de los caballos
los peces húmedos del sexo
y el grito áspero, profundo, gutural
de un animal antepasado
que quedó encerrado en tus entrañas
y clama por salir.
de Cristina Peri Rossi, no libro "Babel Bárbara" (que me axuda a parir novas cousas).
publicado por
sara jess
ás
18:27
1 fíos deitados
16.1.09
fobia
dentro de doce horas collo un avión. seica enriba do río Hudson caeu un e todos saliron ilesos (maldito Murphy, Eddie non, o outro... bueno, Eddie tamén). lembro cando de pequena acompañabamos ao meu pai coller os seus destinos no aeroporto de Peinador. daquela voar tiña un certo glamour: a xente ía moi arranxada, celebrando a ocasión especial, coma se foran ao médico (esa mítica manía das avoas de gardar as bragas novas para as visitas á revisión, non fora ser). hoxe, as constantes tomaduras de pelo das compañías aéreas quitáronlle toda a elegancia ao asunto. se tes sorte inda che cae un sandwich de mortadela para pasar o rato. debería levar un rotulador para escribir nas paredes do baño, como dixo aquel.
dámemedovoar.
publicado por
sara jess
ás
3:32
2
fíos deitados
14.1.09
Benedicta ti es entre tódalas mulleres
ela podería ser vella pero decidiu seguir sendo bela, sobre todo por dentro. ten as cadeiras altas e nas fotos de hai anos parece unha actriz de Hollywood con aquel traxe negro de brillantes e terciopelo que ha filla fixo desaparecer do armario hai tempo. e lle gusta ir á praia pasar as horas da mañá. apaña mexilóns e berberechos. límpaos en auga de mar e conxélaos sempre para cociñar cando veñen as visitas. déitase cedo. vive nunha casa grande que en inverno se fai fría. e sae sempre á balconada cando chaman ao timbre porque vive soa e dúas veces tivo medo por culpa de se confiar. dille ao fillo, leva caramuxas, méteas en auga cun pouco sal cando chegues. e vai á modo na volta; a ver se chegas antes da medianoite, que os da televisión dixeron que ía soprar forte o vento na madrugada. saúda coa man na despedida. vaise volvendo pequeniña, ao lonxe, debaixo do seu xersei azul ceo. o carro ule a mar ao chegar a Compostela. baixamos. o semáforo ponse en verde e el desaparece dirección norte co disco de Platero y tú que segue a soar.
publicado por
sara jess
ás
19:41
0
fíos deitados
13.1.09
gepe
novas descubertas. encántame o que fai este tio, case sen medios. boas letras e sonidos que non cargan nada. Gepe, chámase. música diferente para comezar o ano:
e que zapatos tan chulos saen neste video. e medio peito fóra, todo moi sutil. fetiche fetiche.
publicado por
sara jess
ás
0:49
2
fíos deitados
9.1.09
fin de século en Palestina
(...) Xerusalén está entre o deserto e o mar, como escribiu un cónsul español, pero o seu rostro está máis ben virado cara o deserto, de onde chega o vento abrasador do khamsim (as pedras da muralla son máis brillantes no rampante oriental a causa dese roce centenario do vento cheo de area). Xerusalén prefire mirar á nada e ao baleiro, ensimesmada na súa tráxica importancia. Quizais por iso é difícil atopar unha descrición verdadeiramente favorable entre os que a visitaron ao longo dos séculos, mesmo entre os relixiosos ou os entusiastas. Para Melville, que estivo no século XIX, Xerusalén era como "o ollo frío e gris dun home frío e gris"; a Arthur Koestler, moitos anos despois, aínda lle inspiraba o nome dunha nova forma de melancolía, o que chamou "a tristura de Xerusalén", enxendrada polo "efecto combinado da beleza desolada e tráxica da cidade e da súa atmosfera inhumana"; para Mark Twain, os cristiáns ben podían deixar de esperar a Segunda Chegada do Mesías: "Se algunha vez estivo aquí", dicía, "non creo que volva"... (...)
tirado do libro Fin de século en Palestina, de Miguel Anxo Murado (editorial Galaxia). un libro necesario e recomendable para entender.
publicado por
sara jess
ás
23:28
2
fíos deitados
3.1.09
homenaxe
recuperar o libro de Mohicania, esa xoia esquecida de tapas prateadas do ano 87, da segunda fila comezando por arriba no andel esquerdo. e non recitar non. xogar á poética da vida, simplemente, á nosa propia salvación, un xogo de xeometrías para estrear o ano. e Manolo Rivas nunca escribirá sobre esa noite, porque foi nosa, de nolos moitos, de nolos catro ao final, extraordinaria e simple. intentar describila sería un crime. tanto que ate comezo a me sentir unha asasina de refuxios con estas simples palabras.
publicado por
sara jess
ás
20:44
1 fíos deitados
27.12.08
panxoliñas caducas
nesta vila sempre vexo as mismas caras, a mesma xente dixo ela. sorprendeume que contara esas cousas sen case coñecernos. e entón lembreille o poema aquel de Shepard:
"(...) y la tortura de no ser más que una doble
dejada atrás
en un pueblo en el que le dolía haber nacido
estaba destrozándola ahora
de verdad (...)".
publicado por
sara jess
ás
0:39
8
fíos deitados
19.12.08
cargantes e fodidas festas a todos vós (procesións en tropeis nos centros comerciais incluídas)
publicado por
sara jess
ás
11:50
4
fíos deitados
8.12.08
vendo pelis con flocos de millo
a Axencia Audiovisual Galega estrea páxina, FLOCOS TV. entre outras pezas pódese visionar tamén o documental "Conversas con Deus" ao completo. feita cunha minidv, gravada nunha tarde e montada como mal sabía daquela. pero testemuñal e intensa grazas a Pastor Rodríguez, "Turi". que as cousas vindeiras que vaian chegando sexan cada vez mellores, e que vós sigades aí para compartilas.
publicado por
sara jess
ás
20:56
4
fíos deitados
6.12.08
misantropía. e entón, esa noite, botella de Tullamore Dew de por medio, decidiu que a súa misantropía era un mal endémico imposible de curar. inda así, a humaniade preocupáballe o suficiente como para rescatar a tres ou catro persoas. pero que pasa se lles fallo? pensou. Steve McQueen berraba dende o lonxe frases de Junior Bonner. tamén pensaba na chamada del, chego a casa en pouco tempo, teño ganas de verte. e entón compredeu que o seu problema non era a xente, senón ela mesma. escribir axudaba, pero só un pouco. por que escribía? e se o facía, necesitábao en tan grande medida como para que fora o seu salvoconducto? non sabía. fóra, decembro arrecendía a choiva e perdera un concerto e as poucas ganas de poñer unha lavadora. pero non. hoxe non era a noite para convertirse nunha persoa social. tiña na cabeza pendente unha viaxe. dúas. o día vinte imos nolos catro a Barcelona, dicía el todo ledo ao teléfono. pero tardaba, e ela, ela que estaba farta xa de Compostela, sinceramente non sabía se quería marchar alí. e pensou no seu astío. en que os lugares rematan sendo iguais en todas partes. e que era un puto coñazo aturarse a si mesma. inda así, pensou en Gaudí. nos bares aqueles que contaba Petete aquel fin de ano do que ela a penas lembraba nada. e no reecontro coa familia. e en largarse en pleno domingo con mamá por aí, que está farta de todo, e fai ben. porque mamá será unha misántropa no fondo, pero o suficientemente fráxil como para aparentar que todo lle importa demasiado cando en quen debería pensar antes que en ninguén é en si mesma. de tal palo tal astilla. e caghonobilingüismodocarallo. e qué razón teñen os ditos. qué razón.
publicado por
sara jess
ás
2:15
0
fíos deitados
29.11.08
unha historia de sábado.cheiras a alcol, díxenlle. de onde ves? de tomar uns viños. pero era unha verdade a medias. durmín na praza, confesou despois coa boca pequena, media hora, ou dúas. non sabía ben. era a unha da tarde. chovía aos poucos. e os que mercaban na feria do sábado quizais nin se fixaron nel. o cheiro a alcol seguía sendo intenso. inda así logrou entrar na tenda ben peiteado, atendeu a uns papeis que viñan nun sobre cunha banda negra de Facenda e faloume da morte da súa avoa. cen anos, dixo, cen anos. e eu engadín, doe, unha avoa é unha avoa, con cen anos ou mil. e despois alguén dixo, vamos tomar uns callos ao bar de abaixo. e fomos. os catro. pero eu casi nin os probei. deixou de chover. P. falaba do anarquismo e afirmaba que non era novidade que un cura se declarara roxo, moitos xa o fixeran anos antes, cando se xogaban a vida por estaren contra o réxime. o extraordinario hoxe sería coñecer ao fin un cura que afirmara ser ateo. haberlos hailos seguro. e el contou a historia daquel día, que entrara na igrexa da vila cun colega. o amigo díxolle, senta aí e observa. como? ti observa, hostia. o colega sentou no confesionario, que tiña as ventás de onde sentaba o cura abertas. o colega dixo Padre, confeso que matei un home. e xusto despois desa frase botou a correr pola igrexa adiante. onde vas? díxolle el. ti corre, corre! e o cura saiu do confesionario berrando espere, joven!, espere! e seica a broma non fora tanto por ser cura como por fillo de puta. marchei pouco despois de escoitar esta historia. cando cheguei a casa eles seguían espertos, de bar en bar. seguirei aquí unha hora máis, dixo el. ás seis da tarde muda todo. e, inda agora, sigo sen saber se falaba da visita ao tanatorio, da incapacidade de regresar a casa ou da propia fin do mundo que T. profecitaba un pouco despois de cruzar a rúa, un segundo antes de que comezara, de novo, a chover.
publicado por
sara jess
ás
21:14
4
fíos deitados
19.11.08
"construcións", o libro que volve á rede
velaquí o trailer da presentación do libro "Construcións", de Eduardo Estévez. grazas Edu por facerme un encargo tan chulo en compaña de tan boa xente. e grazas por me deixar montar o video de xeito tan libre, como unha garza en pleno voo...
;)
publicado por
sara jess
ás
10:15
7
fíos deitados
17.11.08
descuberta
manos de topo. o sábado, na Capitol. eran os teloneiros pero superaron con creces aos outros dous grupos.
música diferente e letras que ben poderían ser poemas.
aquí un video
aquí a letra da canción
Sé que no es cierto que tú me pegues sin razón.
He hecho muchas cosas que no tienen ningún perdón,
como dar veneno a tus gatos,
ser amigo del hombre del saco,
y además no doy la talla al hacerte el amor.
Sé que hay muchos sitios que te prometí visitar.
Es un poco tarde, han construido cosas allí,
han quitado todas las playas,
hay peajes en las montañas,
y además no doy la talla al hacerte el amor.
Sé que fingiste, nunca supiste nadar,
zapatos de plomo, no sabes vivir bajo el mar.
Y ahora mi vida es tan aburrida,
podría haber sido tu salvavidas,
y además no doy la talla al hacerte el amor.
Sólo pretendo ser pluscuamperfecto,
(no da la talla al hacer el amor)
nunca pude igualar tu vibrador.
(no da la talla al hacer el amor)
Soy capaz de tirarme desde un sexto,
(no da la talla al hacer el amor)
no le des tanta importancia al amor.
Cinco de mayo, cuarto creciente y no estás.
Los extraterrestres ya no te quieren visitar,
se equivocaron de galaxia,
prefieren que vayamos a su casa.
Podemos ir de vacaciones,
pero tú estás tan ocupada,
no tienes tiempo para nada,
el espacio no es suficiente para ti.
Y además no doy la talla al hacerte el amor.
*nota: non perdan de vista ao teclista, Álex Marzoa, vai dar moito que falar, porque ademais de facer que o Casio e un xilófono para nenos soen que te cagas, é un realizador con clase e boas ideas.
publicado por
sara jess
ás
17:08
2
fíos deitados
14.11.08
publicado por
sara jess
ás
17:18
8
fíos deitados
7.11.08
sen suxeito
buscarlle nome a cousas tan internas que che anulan a linguaxe.
publicado por
sara jess
ás
7:16
7
fíos deitados
3.11.08
un estracto dunha carta
"onte mesmo, en Redes, había un tipo, un sicólogo analizando o tema do altruismo. e chegaba á conclusión de que sempre existe para poder pertencermos a unha clase social, a un grupo de xente, ou a cambio doutro favor que se poida ver devolto no futuro. e, o peor de todo, é que non me deu tristeza escoitar iso. simplemente pensei que tiña unha enorme lóxica. supervivencia, chámase. seica sempre será así. e pensei que fijo que Cristo non morreu na cruz porque lle apaixoara ser un mártir. simplemente era un mitómano que te cagas, e moláballe pensar que no futuro todo Dios ía andar co seu nome ás voltas, construindo templos no seu nome e vendendo medalliñas de ouro co seu careto estampado nel. fijo que si".
publicado por
sara jess
ás
22:23
1 fíos deitados
30.10.08
termos (I)
La palabra spleen es de origen Griego splēn. En Inglés denota al bazo.
En Francés, spleen representa el estado de tristeza pensativa o melancolía. Fue popularizado por el poeta Charles-Pierre Baudelaire (1821-1867) pero había sido utilizado antes, en particular durante la literatura del Romanticismo, a inicios del Siglo XIX). La conexión entre spleen (el bazo) y la melancolía viene de la medicina griega y el concepto de los humores. Uno de los humores era la bilis negra segregada por el bazo y asociada con la melancolía. Opuesto a este concepto el Talmud (tractate Berachoth 61b) nombra al bazo como el órgano de la risa, aunque no esta descartada una anterior relación con la medicina de los humores acerca de este órgano.
En Alemán, la palabra "spleen" , denota a alguien continuamente irritable. El bazo en cambio se llama "Milz" (Parecido al nombre "Milte" que se daba al bazo en el inglés antiguo). En el siglo 19 las mujeres de mal humor se decían afectadas por el spleen. En inglés moderno "to vent one's spleen" significa "...expresar su ira".
En China, el spleen '脾 (pi2)' representa uno de los fundamentos del temperamento y se supone influye el poder de la voluntad. Del mismo modo que "venting one's spleen" (expresar la ira), "发脾气" se usa como expresión.
*tirado da Wikipedia
publicado por
sara jess
ás
12:54
3
fíos deitados
22.10.08
20.10.08

metáforas
"Theremín (...) Se ejecuta acercando y alejando la mano de cada una de las antenas correspondientes, sin llegar a tocarlas"
publicado por
sara jess
ás
2:15
4
fíos deitados
15.10.08
novelas vs películas
leo poucas novelas porque no tempo de lecer vexo demasiadas películas. en cambio, as poucas novelas que leo inspíranme para moitas películas. será unha contradicción?
*e, de madrugada, escribo diálogos inspirados nunha historia que naceu nunha novela. algún día falareivos dela. cando a remate. prometido.
Faise un silencio. Xabi observa os traxes do mozo de Belén pendurados con orde no armario.
XABI
Belén cubre o corpo espido coas sabas. Xabi déitase por riba delas, coa cabeza fitando o teito, sen tan sequera tirar os zapatos dos pés. Belén fala.
BELÉN
XABI
BELÉN
-A pesar de todo, procuro non pensar en ti tódolos días.
Xabi permañece en silencio. Fita con atención a mancha de humidade do teito. Xuraría que ten un aire á bolboreta que Steve McQueen levaba tatuada no peito en Papillon. Belén colócase na mesma posición.
BELÉN
-En que pensas?
XABI
-Debería marchar.
BELÉN
-E por que non o fas?
Belén achégase ao corpo de Xabi e arrodéao cun brazo. Péchanselle os ollos. A luz do alborexar cóase entre as persiás do cuarto. Queda durmida.
publicado por
sara jess
ás
20:53
8
fíos deitados
14.10.08
"con Franco vivíamos mellor"
cheguei coa cámara a unha desas aldeas vellas coma os seus habitantes. desculpe, dixenlle ao home, estou facendo un video para isto, e para isto, e gustaríame saber se podo gravalo traballando na súa horta. grava, muller, grava. o home aquel, de nome Antonio, pousou diante da cámara cos seus ollos que contemplaron oitenta e sete anos e catorce fillos nacer. queres castañas?, preguntou, teño aquí un feixe delas, preparadas para asar. cólleas, muller, non teñas vergoña. en Compostela non hai castañas coma estas. abrín unha e comina así crúa. díxome. vén ao cortello, onde están os porcos. imos tirarlle unhas poucas, xa ves como se volven tolos ao cheiralas. os cochos ao uliscarme puxéronse nerviosos. case cometo a imprudencia de tocar un. arráncanche os dedos se lles dá a tolemia, díxome o vello. e ensioume os coellos, e as galiñas, coma se foran un tesouro. aos que quedamos nas aldeas, sós, só nos queda o traballo para ir pasando o tempo. e ao afirmar isto parece que o dixera coa tristeza de quen non pode recuperar o tempo perdido. despois saimos á finca da casa. o vello fitou o horizonte e faloume de que España estaba en crise, e non é que a el lle importara demasiado, porque xa pouco lle quedaba de vida. todo era moito mellor con Franco, afirmou. el nunca permitiría que o país fora abaixo. pensei que sendo el tan maior, non tiña dereito a levarlle a contraria. o caso é que o home insistiu en que metera as castañas no bolso. de camiño a casa no carro, lembreime del e da tarde que compartimos, e de verdade volo digo, non parecía un mal tipo. pero, case ao mesmo tempo, veume a cabeza aquel día no que descubrín con Manolo, Bandini e o seu irmán a curva exacta onde lle pegaron un tiro ao seu avó Marcial Villamor, grande intelectual e activista da República. contáranolo un home que vira o cadáver de pequeno, tirado naquela mesma cuneta, ao carón da estrada xeral. fuxira correndo logo diso, impactado polo drama. o vello contaba que o cura da parroquia era unha boa persoa. os nacionais non querían que se lles fixera misa aos fusilados da República. pero o sacerdote chamou aos rapaces da aldea, entre eles aquel que avistara o cadáver de Villamor, para que lle cantaran a coro ao fusilado. tamén son persoas, dicíalles o cura. tamén son persoas. e o neno aquel de antaño que hoxe xa era vello ao contárnolo, rompeu a chorar.
publicado por
sara jess
ás
0:16
6
fíos deitados
13.10.08
marchou
este foi un dos primeiros poemas de literatura galega contemporánea que lin:
"Cando veñas ó norte, non preguntes
Por unha casa vella;
Pola sombra de seu, nas calexas deitada
Como se deita o inverno
Con derrotados meses sobre o mundo e as choivas.
Cando veñas ó norte, vello amigo,
Non preguntes ás brétemas que furtan
Os segredos das cousas;
Non interrogues fondas baixamares
-E menos nun agosto de altas lúas-,
Nin os bosques de antano,
Onde soñan as faias e as carballeiras nobres.
Hai unha casa branca. Agardareite
Aireando os seus cuartos,
Abrindo as contras, para que a luz reciba
Aquilo que foi meu;
Ordenando papeis dos meus esquezos,
Libros daquela, versos
Por rematar aínda,
Escuros calendarios que escribiron
Anos mozos e nomes de rapazas.
E esta canción que é túa, e escribín para ti,
Antes que ti foses viaxeiro,
Moito antes quizais
De que tiveses sede, e decidises
Partir, soñar, ama-lo corazón
Destas palabras poucas.
Cando chegues ó norte, non preguntes.
Dirache o teu desexo que eu estaba agardando".
é de Ramiro Fonte. descubrilo daquela, sendo inda unha adolescente, impresionárame bastante. sempre marchan os mellores. mágoa.
publicado por
sara jess
ás
15:18
0
fíos deitados
12.10.08
cito
tan solo estoy rozando la superficie
y me estoy esforzando por comprenderlo
(...)
y mientras las sombras caen
ahora sobre mí
venceré de alguna forma
sí
porque estoy recibiendo el mensaje
y estoy más cerca de lo que nunca estuve
publicado por
sara jess
ás
5:04
1 fíos deitados
10.10.08

a madalena de Proust
hoxe coidei entender a Proust. senón sería imposible que non me desesperara ao precisar dous días enteiros para acadar imaxes que só enchen un minuto. ninguén saberá nunca de tódolos carreiros, persoas, lugares e sentimentos que van ligados a cada un deses frames.
benditos sexades.
publicado por
sara jess
ás
0:52
1 fíos deitados
6.10.08
good times never seems so good
cando estou de malas gústame escoitar isto:
que coñecín por esta peli, da que xa falei unha vez:
hoxe escoiteina tres ou catro veces. teño que poñer un reproductor de mp3 no carro. a cinta da David Bowie xa aburre.
publicado por
sara jess
ás
22:40
5
fíos deitados
3.10.08
chepa
atórome e como dicía o bo de David Creus ás veces síntome unha inmensa bomba incapaz. asimilo máis cousas das que podo facer. atórome. métome no caparazón e cústame dicir que me atoro. que me custa levar adiante as cousas. que todo me leva tempo. demasiado tempo. que todo me leva moito tempo. atórome. bomba. incapaz. despois as cousas sempre saen, acaban saíndo. pero non sei se compensa toda a carga que aplasta os días antes. de tanto cargar coa bola do mundo vaime sair chepa.
publicado por
sara jess
ás
16:08
6
fíos deitados
30.9.08

azar l'hotel
hai unhas semanas eu chamaba por teléfono, nocturnamente, a unha desas amigas ás que nunca vexo, pero que non por iso quero menos. quero aclarar con isto que o feito de marcar o seu número era toda unha rareza, sobre todo a esas horas. chamáballe porque a noite que a coñecín, hai tres anos, ela falárame dunha preciosa historia dunha fotógrafa que se puxera a traballar de limpadora nun hotel para poder fotografar os cuartos usados que quedaban baleiros ao marcharen os clientes. como a miña amiga non colleu o teléfono esa noite, e sabendo o seu gusto por se deitar cedo, decidín deixarlle unha mensaxe no buzón de voz.
"querida. son Sara. xa sei que nunca chamo, pero estou a intentar facer un traballo orixinal sobre historias que transcorren en hoteis e me lembrei desa que ti me contaras hai anos, a daquela fotógrafa que tiraba fotos de cuartos de hoteis baleiros... lembras? non me chames se escoitas isto. xa o farei eu. non corre presa".
ao día seguinte, ao me erguer, atopei unha fermosa mensaxe no correo que reproduzo en parte:
"resulta inquedante que a noite antes de marchar a venecia escoite unha mensaxe preguntando polo nome daquela fotógrafa que perseguira a un descoñecido en venecia. aquela que traballara como limpadora nun hotel para ter a oportunidade fotografar as pegadas dos que alí se hospedaban. paul auster xogou tamén con sophie calle no leviatán. inventada e real a un tempo, folla que ao caer se asenta no cénit: maxia. querida lara: non sei se saber de sophie calle che servirá para o teu traballo, pero escoitar a túa voz preguntándome por ela espertoume os sentidos e o latexar do meu viaggio en italia (...)"
e pensei, logo de lela, nas casualidades da vida que unen ás persoas. de verdade vos digo que parece que tivera un imán para atraelas. pero esa sería outra longa historia chea de pequenas subtramas coas que non vos quero aburrir.
é só que me apetecía compartir con vós esta preciosa historia de azares de Sophie Calle. grazas a ela recibín unha fermosa postal de Venecia. velaquí un enlace a unha interesante páxina que fala sobre a fotógrafa que uniu por un intre o destino da miña amiga e mais o meu.
publicado por
sara jess
ás
8:51
1 fíos deitados
29.9.08

conversas roubadas (I)
"os antisociais somos tantos que poderiamos formar un clube, pero daquela xa non seriamos antisociais..."
M.Z. dixit
publicado por
sara jess
ás
12:39
3
fíos deitados
27.9.08

cómo ser capitán de barco
definitivamente, si: é posible navegar nun barco con catro rodas. o importante é expandirse, sair máis alá do círculo. xa se sabe, ao final con andar ás voltas só se consiguen extensas, infinitas espirais que nunca nunca nunca levan a ningures.
e ao final do camiño "comprenderás ao fin o que significan as Ítacas".
publicado por
sara jess
ás
2:18
5
fíos deitados
19.9.08
sandada, pero non de todo
o cambio de temperatura dos días que pasei polo sur afectoume. unha forte gripallada tumboume na cama ao chegar a Compostela, e deixeime drogar polo desenfriol, o anginovag, o flutox e os antiinflamatorios. con tal mestura de drogas farmacéuticas non me apeteceu comer. así que notei, inda o noto, coma se o corpo todo flotara en permanente estado de graza. o caso é que a unha estar tumbada un par de días ou tres non lle preocupa demasiado. todos sabemos que a gripe ben curada pasa e non deixa secuelas no corpo. ogallá todo funcionara así tamén para as cousas da cabeza. hai veces que, por moito que intentes reconciliarte con algunhas preocupacións miúdas que acontecen ao redor, non das sandado de todo. e iso doe. claro.
publicado por
sara jess
ás
18:36
11
fíos deitados
17.9.08
unha mini aventura por terras do Condado
o domingo fuxín das rutinas. baixei ate o sur, cámara en man. dediqueime a gravar durante dous días e porque si todo o que se me puxo diante. así foi como descubrín a historia dos homes daquela partida de dominó en Mondariz. e como entaboei conversa cun deles, que me levou á súa casa para gravar a súa pega amestrada pola muller. a cabrona da paxara- de alcume Margarita- rouboume un euro do bolso e saíu voando con el polo xardín adiante. deume tempo tamén de subir ate o Castro de Troña. alí atopeime cun paisano subido nunhas especie de lambreta. ensinoume todas as obras de mantemento do castro. levoume aos vestixios que se conservan da man esquerda da igrexa. preguntoume, "a que non sabes para que serve isto?", mentres sinalaba unha especie de pila bautismal. "para moer o gran?", preguntei inxenua. "para degolar aos infieis", dixo partíndose da risa- a boca cheiráballe a tinto do país e un sol inmenso de mediodía batía xusto enfronte da pila aquela-. pensei que o de degolar á xente igual era unha especie de culto ao sol, por estar tan estratexicamente situado cara o norte. o homiño levoume ate o caseto do castro para deixar a miña sinatura. pensei en asinar como Patti Smith, pero ao final puxen o meu nome. el fitábame atento; así vestido co seu mono verde que cubría o seu escaso metro cincuenta de estatura pareceume moi simpático. logo de despedirmos, agardou subido na lambreta a que desaparecera co coche dirección ás canteiras da zona, estrañado porque unha rapaza quixera ir ate alí soa. fixen o camiño a pé polas canteiras con moita cautela, por medo a morrer dinamitada. de súpeto, no medio daquela nada, con Portugal saudándome de fondo a carón do río Minho sentinme soa e feliz. precisei compartilo. chamei a un colega e xuntos percorremos a ruta dos bariños máis recónditos dos arredores. por momentos pareciamos personaxes tirados daquela peli que me gustara tanto "Entre copas", só que era a nosa propia road movie autóctona. aquela tenda de 150 anos ao carón da estrada. aquelas cartas que nun bariño afastado de Salvaterra puiden ler da emigración. filmar as caras das vellas que camiñaban ao abeiro da estrada, as súas enrugas tan dignas que falaban por elas. e, finalizando o día, subir ao monte, á parte máis alta do monte, onde un sol inmenso e laranxa morría mentres falabamos e observábamos todo coma se nunca víramos tal espectáculo. por un intre sentímonos os deuses do Condado: era como se dende alí arriba puideramos modelar o mundo coas nosas propias mans.
publicado por
sara jess
ás
22:11
0
fíos deitados
8.9.08
das rutinas (II) nas horas mortas leo poemas que nunca escribín. edito videos de textos que me gustaría ter escrito. estructuro secuencias dun guión. os días vanse acurtando mentres agardo visitas en Compostela. baixa a temperatura. pinto rutas de viaxe nun mapa. pérdome co dedo pola xeografía das Médulas. Lardeira. e igual teñen razón. se quero entender ao personaxe debo viaxar eu soa.
publicado por
sara jess
ás
21:27
7
fíos deitados
3.9.08
das rutinas (I) chove. e foi bo que non estiveras esta mañá, porque sempre preciso mantas, ate en verán. e tiña frío. ti nunca tes frío. por iso terías abafado entre tanta calidez. eu tremo sempre polas noites, ao me deitar. dáme un espasmo na perna dereita, xa sabes, como se quixera tirar o demo fóra. igual por iso tremo e me destempero ás altas horas. non sei. o caso é que hoxe acordei con dúas mantas. e todo en calma chicha. nin o primeiro ruido. boteiche en falta, pero só un pouco. chove en Compostela. andas por terras do sur. dis que dende a balconada do hotel ves unha praia inmensa. que ao mellor hoxe nadas un pouco. onte estiven vendo fotos dos hoteis que compartimos. aquel cuarto tan azul en maio dera bos retratos no espello. cando o abandonamos, a cama parecía falar. gustoume porque tiña moitas mantas e o colchón moi duro. era como durmir nunha cama das de vello. eu aquí non dou sandado das rutinas do cotiá, por iso miro fotos e penso na tua praia. dou un chimpo e métome na auga. ris.
publicado por
sara jess
ás
11:01
5
fíos deitados
clasificación: fotos de sara, textos propios
1.9.08
Sergi Puertas, un Bukowski con estilo propio (contradictorio, non?)
LA BESTIA PRESENTE
Con mi lima le rebajé las asperezas
(mi pasado es una cama de clavos)
Con mi escoba le barrí la mierda
(mi pasado es un estercolero)
También en mi futuro sé vivir:
Con mis pinzas le arranco las púas
(mi futuro es un cactus)
Con mis tenazas le extirpo los colmillos
(mi futuro es una cobra loca).
Con el ahora, en cambio, no puedo:
Se me escurre entre manos como una anguila.
Se retuerce más deprisa de lo que alcanzo a moldear.
En el presente yo no sabré vivir nunca:
No se está quieto. Es indomable.
Dios nos asista, nos va a matar a todos.
do libro Yo tampoco, tú también. autoría de Sergi Puertas.
publicado por
sara jess
ás
2:51
1 fíos deitados
clasificación: cine e televisión, textos universais
27.8.08
conversas co avó José (I)
eu tiña trece anos. soñaba con dedicarme ao xornalismo de maior. meus avós viñeran pasar a tarde a casa. collín o radiocasete e pedínlle ao meu avó José, o pai da miña nai, que me contara cousas sobre a súa vida, sobre os meus antepasados. así que foi falando, en castelán, porque meus avós arrastraron sempre os pousos do maldito franquismo que lles facía entender o galego como unha lingua de ignorantes. isto que comparto con vós é un primeiro estracto desa pequena entrevista. conta meu avó José os seus oficios de gaiteiro (dicían que era o maimiño máis rápido de toda Sanguiñeda), barbeiro, home do tranvía, zoqueiro e traballador da fábrica de cerámicas Álvarez. conta tamén as miserias da fame e os medos da súa nenez.
meu avó, seis meses despois desa entrevista, morreu. eu ignoraba por completo a súa enfermidade ate o día da súa morte. agora, trece ou catorce anos despois, escóitoo cunha certa melancolía, pero tamén con orgullo. e parece que dalgún xeito intuín todo o que acontecería despois. para min, os meus avós maternos son a base da miña infancia. con eles vivín moito tempo, de maneira intermitente, ate que con dez anos me mudei de casa. tódolos recordos deles son bos. miña avoa inda vive. logrei que me fale galego sempre. nunca escoitou esta gravación. ao mellor un día póñolla, e nos emocionamos xuntas.
non vos perdades a oración do "pai nóso pequeniño". unha verdadeira xoia en fase de desaparición. cando, sendo estudante de filoloxía, lle comentei a Gonzalo Navaza que tiña este audio gardado, saltou de ledicia. había anos que buscaba por ela. un día destes terei que pasarllo, digo eu. ben o merece. foi dos tipos máis simpáticos que daban clase por alí.
publicado por
sara jess
ás
22:34
6
fíos deitados
clasificación: sobre o silenzo
26.8.08

madrugar
instáurome na rutina de me erguer cedo. leo a Robert McKee: "las historias no son una huida de la realidad sino un vehículo que nos transporta en nuestra búsqueda de la realidad, nuestro mejor aliado para dar sentido a la anarquía de la existencia (...) la narrativa mala y falsa se ve obligada a sustituir la sustancia con espectáculo, la verdad con trucos".
polas noites practico o exercicio de imaxinar outras voltas de folla á historia que levo na cabeza dende hai meses. madrugar ten os seus premios sempre, como este color rosáceo co que hoxe me agasallou o horizonte das chemineas de Conxo.
publicado por
sara jess
ás
8:23
7
fíos deitados
clasificación: fotos de sara, textos propios
21.8.08
o día que (re)naceu Steve McQueen
no territotiro que habito no territorio da mirada
na localización dos labios nos nocellos apertados e no
nerviosismo psíquico que denota a miña falta de rumbo
de multidireccións
desfacer a ancoraxe (…)
David Creus
hoxe non morreu. hoxe naceu Steve McQueen. falo de maneira simbólica, certo. I think this is the beginning of a beautiful friendship.
qué tal se abrimos unha de Tullamore Dew para celebralo, Terrence Steve?
publicado por
sara jess
ás
3:17
2
fíos deitados
clasificación: cine e televisión
19.8.08

o cine invisible
pregúntome se é posible que o resto da xente tamén logre durmir sen problema despois de ver calquera filme de Michael Haneke. eu si. inda así non me deixa indiferente. é só que me fai feliz descubrir a enorme capacidade que ten para se meter na mente dos seus personaxes e dela escudriñar as causas que os levan a facer uso da violencia, sicolóxica e física. o seu descurso precisa entendemento por parte do espectador. paciencia. comprensión. análise. os seus filmes son un enorme alegato contra a frialdade das altas clases socias, que se ven sometidas a situacións extremas. unha reflexión sobre os límites do máis escuro que todos agochamos dentro, e que de cando en vez agroma. moitos cren que Haneke é demasiado duro nas cousas que conta. pero os xornais están cheos cada día de historias reais e estremecedoras que superan as súas ficcións. pero ben é certo que ao ser humano inda lle custa enfrontarse aos temas relacionados coa violencia e a morte. parece que co paso dos anos esa burbulla capitalista que nos vende un falso estado de benestar e ledicia baseada no consumo non deixa pé a reflexionar sobre as sombras do ser humano. hai ademais nos filmes de Haneke case sempre pequenas triscadelas de ollo ao espectador relacionadas coa metalinguaxe cinematográfica que se atopan simplemente con prestar un mínimo de atención ao descurso ou formas de actuar dos personaxes, ou na propia decisión de reversionearse a si mesmo. Benny's video foi a última película del que caeu nas miñas mans. revisionei tamén Funny Games, logo de ir ver o remake ao cine que fixo anos despois da súa propia película, copiada plano a plano e trasladada aos Estados Unidos de América. antes xa caera Caché e La pianista. estoume a baixar os 71 fragmentos de una cronología del azar e El castillo. El tiempo del lobo e El séptimo continente só as conseguín en alemán. ando á procura de subtítulos. e xa sei que sería máis doado mercalas en dvd a través de calquera páxina dedicada a iso, pero os que somos pobres e non podemos pagar vinte euros por cada dvd tamén temos dereito á cultura cinematográfica, a falta de salas que proxecten determinados títulos. non pisei máis que unha vez as salas de cine dende que pecharon os Compostela. non hai maneira de atopar títulos nesta cidade polos que pague a pena deixar cinco euros na entrada. velaquí a supervivencia do cidadán ao que só lle quedan algúns festivais pequenos nos que poder visionar títulos que doutro xeito non podería ver na grande pantalla: así se constrúe e deconstrúe o mundo do cinema.
déixovos aquí un anaco da edición de verán de Cahiers du cinema, na que fan unha interesante reflexión sobre a idea da existencia dun cine "invisible". nesa reflexión cae tamén unha pequena referencia ao director alemán:
" Hay varios tipos de público. Uno se apaña con el cine visible que le llega, puede vivir sin Rossellini y no siente ansiedad ante el hecho de que no se estrene la última película de Pedro Costa (de hecho, su completa ignorancia de la existencia de Pedro Costa no le impide llevar una vida plena y feliz). En la antípodas está el cinéfilo, que, mal que le pese a algunos, siempre ha sido minoritario. La cineficilia es una lucha histórica contra la invisibilidad" (...) "Es evidente que la invisibilidad ha marcado el devenir de la cinefilia en España. Como el único cine visible era el americano, resultaba más fácil convertirlo en el único cine verdadero y mitificar el cine de género sin darse cuenta de que las políticas de mestizaje de la posmodernidad ni hicieron mñas que poner en crisis sus categorías(...) El problema no venía determinado por los referentes concretos, sino por el modo en que se veía el cine. Así, en los años noventa, el momemento más terrorífico del Festival de Sitges fue cuando se proyectó un largo plano secuencia con cámara fija durante cuatro minutos de una partida de ping-pong en 71 fragmentos de una cronología del azar (1994) de Michael Haneke, otra película invisible (...) Cuando el cine asiático cotiza en el mercado bursátil, por lo único que se pelean los productores es por el zen adocenado de Kum ki-duk (...) La cultura del acontecimiento conduce al público a buscar en los certámenes lo que las salas nunca proyectarán(...)"
*nota: e que conste que Haneke, dentro desa primeira invisibilidade do comezo, agora é un privilexiado. o que tal nos queda aos que imos detrás...
publicado por
sara jess
ás
22:09
0
fíos deitados
clasificación: cine e televisión
15.8.08
poetas norteamericanos II
Recordamos aquellos años
de inmoladora precisión
en los que éramos mayores.
El número perfecto es cuatro.
Así que somos cuatro,
tú y yo, tú y yo.
El número perfecto es forma,
el creciente descuido del habla
en nuestro desrecordar conjunto.
Del habla, ese apéndice de la memoria,
hemos hecho algo excesivo,
un leproso
en el lazareto. Nos completamos
en compleja articulación hablada.
Yo te propongo una consumación
de años y hago de ella
una parte saludable
de la oración.
Alan Davies, Nombre (1986)
publicado por
sara jess
ás
18:37
2
fíos deitados
clasificación: textos universais





